Volver ao inicio

Aquí podes ler os relatos gañadores do IV concurso
Saíndo do tunel
Estamos a saír do túnel. Facemos noso o título do microrrelato de Álex Gallego Couñago que tanto nos emocionou para comezar estas palabras de agradecemento a todas as persoas que participaron na última edición do concurso de contos que a Real Academia Galega e PuntoGal convocamos dende o ano 2018 para promover a presenza da lingua e da cultura de noso na Rede.
As historias que aquí xuntamos son as nove gañadoras, tan só unha pequenísima parte das preto de 1.600 presentadas nesta ocasión. Son máis do dobre que na anterior, e son todas elas, seguramente, concibidas no medio dunha pandemia para a que comezamos a ver a fin. Saímos do túnel. Esa é a grande historia que este ano nos gustaría contar.
Entrementres, privados das apertas e os bicos, atopamos acougo nas palabras que nos dicimos.
E nas que lemos e mesmo escribimos. En historias coma estas nove, que agariman e tamén denuncian. Contos que amosan que as novas xeracións non permanecen caladas ante a violencia de xénero, a transfobia, a homofobia ou a desfeita ambiental. Relatos que nos confirman que á lingua galega lle quedan tantas historias por contar como queiramos.
A Coruña, 24 de maio de 2021

Víctor F. Freixanes – Presidente da Real Academia Galega

Manuel González González – Presidente de PuntoGal

Os relatos premiados pódense ler nesta ligazón e sairán publicadas no seguinte número de Luzes.

 

 

 

Esta páxina web emprega cookies para mellorar a experiencia do usuario/a. Se continúas navegando consideraremos que aceptas o seu uso.    Máis información
Privacidad